O Campus Universitario acadou ante o Recimil en Ferrol unha victoria por 54-60, nun partido que o seu adestrador en funcións, Roberto Pérez, definiu como “moi igualado”, xa que en ningún momento a diferencia de puntos entre ambos equipos foi moi evidente. “Durante todo o encontro estivemos á par, sen vantaxe clara para ningún dos equipos, pero entramos no último cuarto por diante no marcador e, pese a que xogabamos cun quinteto bastante baixo en xeral, conseguimos levarnos o partido” explicou. Na vindeira xornada os do campus desprázanse ata Mos para xogar, o sábado ás 18.30 horas un encontro que, a priori, é entre rivais da mesma calidade.
21/04/2008