O venres 16 de febreiro o campus de Ourense acollerá unha nova edición, a sétima, da feira científica e divulgativa eXXperimenta en Feminino. A iniciativa une un amplo colectivo de persoal investigador deste ampus.
O pasado ano a Universidade de Vigo puxo en marcha un Distintivo de Empregabilidade destinado a recoñecer e incentivar a promoción de accións realizadas neste eido nos seus diferentes centros docentes.
Arredor de medio centenar de estudantes do Ciclo Superior de Educación Infantil no CIFP Portovello achegáronse este luns ao campus de Ourense para participar nunha xornada na Facultade de Educación e Traballo Social na que traballaron arredor do fomento da lectura na primeira infancia.
Este venres Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, remitiu á comunidade universitaria unha carta aberta sobre a integración das escolas adscritas de Enfermaría na UVigo.
A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acolle do 1 ao 3 de febreiro as xornadas de formación da Reunión de Estudiantes de Ingenierías Técnicas y Superiores en Informática (RITSI), entidade que reúne a alumnado de 36 centros estatais con titulacións en informática.
Tras celebrarse onte no campus de Vigo e Pontevedra, este xoves o campus de Ourense deu a benvida ao alumnado estranxeiro que este segundo cuadrimestre completará a súa formación nalgunha das súas facultades e escolas. Trátase de 26 estudantes.
Este martes pola noite, o Teatro Jofre de Ferrol acolleu o acto de entrega das distincións ao mérito deportivo da Xunta de Galicia, presidido polo presidente Alfonso Rueda. Entre as 108 persoas e entidades que as recibiron estiveron os profesores do campus de Ourense Patricio Sánchez e María del Pino Díaz.
Coa ollada posta nas eleccións galegas do vindeiro 18 de febreiro, este luns o campus de Ourense recibiu a visita da cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, acompañada por membros desta lista e do seu partido.
O pasado mes de agosto as administracións provincial, autonómica e estatal crearon a Mesa Termal de Ourense, unha unidade de coordinación para impulsar a ampliación e a sostibilidade do sector termal na provincia.
O campus de Ourense abriu este martes as súas portas a 400 estudantes preuniversitarios procedentes de centros educativos da provincia e de Monforte de Lemos. Ao longo da mañá, rapazas e rapaces tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man as instalacións e titulacións.
Alumnado do Grao de Ciencias Ambientais está a celebrar ata o martes 16 o I Congreso de Ecoloxía da Facultade de Ciencias de Ourense, póndose na pel de verdadeiros investigadores e investigadoras.
A Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do campus de Ourense recibiu este xoves pola tarde a visita de arredor de 40 estudantes da Escola Profissional de Trancoso (Guarda, Portugal), acompañados de docentes dese centro.
A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acollerá o sábado 3 de febreiro a celebración da Olimpíada Informática Galega 2024 (OIG 2024).
Alumnado da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense desenvolveu recentemente o proxecto músiCA(c)TIVA: sesións musicais en escolas infantís do rural ourensán.
A empresa CIE-Galfor, radicada no Polígono de San Cibrao das Viñas, doou á Facultade de Ciencias do campus de Ourense dous robots KUKA TC300 para o seu uso nas prácticas do alumnado do Grao de Enxeñaría Agraria que se imparte neste centro.