Tomando como elemento de partida a mensaxe do cambio e como puntos de apoio seis conceptos que aseguran, “definen ao candidato”, Nova Universidade decidiu traducir a súa mensaxe ao formato audiovisual nun vídeo que, segundo o seu creador, o profesor da Facultade de CC Sociais e da Comunicación, Moncho Varela, “aposta pola proximidade, a sinxeleza e a claridade para trasladar unha realidade como é o cambio”. O vídeo que segundo explicou Varela, “foi gravado en alta definición e ten estrutura de spot”, foi presentado polo propio autor, e os candidatos á Vicerreitoría de Cultura, Deporte e Comunicación, José Rúas e á de Coordinación Universitaria, Alfonso Lago, que coincidiron en sinalar o ton “positivo e amable” da peza que se insire segundo Rúas, “nunha campaña participativa e comunicativa”.
04/05/2010