“Unha vez pedinlle axuda a un profesor para a súa materia. Díxome que tería que deixala e elixir outra. Pero o problema é que esa materia é obrigatoria”. Así, con exemplos e experiencias persoais de alumnos e tamén de profesores, Miguel Ángel Santos Guerra, catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Málaga, fixo un percorrido polo panorama actual da avaliación no sistema educativo deixando ver aos docentes a importancia de que “avaliar é aprender”. Santos, dentro do ciclo de conferencias sobre a Situación actual e futuro da docencia universitaria, incidiu na importancia do proceso avaliador, que marca ao estudante pero tamén amosa como é o profesor.
04/12/2009