Hai dez anos, en marzo de 2005, Esteban López puña en marcha AZtecA Consulting de Ingenería. A creación de spin-off, empresas baseadas en resultados de investigación producidos na universidade e con implicación de persoal docente e investigador, ten a súa orixe na Universidade de Vigo unha década atrás. Transcorrido ese tempo, o número de spin-off chegou a acadar as 25. Con ámbitos de traballo distintos e éxitos e fracasos ás súas costas, os e as promotoras destas empresas, das que 23 seguen hoxe en activo, foron este xoves os protagonistas dunha xornada de transferencia, na que mesturados con outros docentes e investigadores que están a estudar a posibilidade de crear as súas propias spin-off, tiveron ocasión de relatar as súas experiencias e expresar en voz alta as súas demandas.
26/03/2015