Conferencias, cine, teatro, arte, seminarios, presentacións de publicacións... o Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, está próximo no calendario e o campus de Ourense vén de presentar un intenso programa de actividades organizadas para reivindicar a igualdade nunha data tan sinalada. O acto estrela será a visita o día 12 de marzo de Ada Yonath, Premio Nobel de Química no ano 2009, que se achegará ata a cidade das Burgas para falar de ciencia, da muller e a ciencia e dos froitos que dá a curiosidade innata dos investigadores. Ada Yonath é una cristalógrafa israelí recoñecida polos seus traballos pioneiros na estrutura dos ribosomas.
27/02/2013