“Fixéronnos sentar coas mans sobre as pernas, pero como estabamos maniatados, esta posición era moi incómoda, así que as movín. Un soldado veu e díxome que as puxese sobre os xeonllos, e así o fixen. Daquela dixo ‘este fillo de puta fala inglés’ e comezou a golpearme, deume unhas 20 patadas e puñetazos. Fíxome unha ferida nunha perna e estiven case un mes sen poder andar”.
Con este arrepiante testemuño comeza o artigo de opinión que Esteban Beltrán, director de Amnistía Internacional en España escribe para o Duvi, e no que reflexiona sobre o sacrificio que en nome da seguridade están a sufrir os dereitos humanos. Fronte á política do medo, Beltrán avoga polo fortalecemento do estado de dereito e a democracia, así como por conseguir un sistema xudicial que funcione, e o artellamento da sociedade civil. O director de AI en España destaca, tamén, o enorme potencial dos universitarios dentro do "crecente movemento de millóns de persoas en todo o planeta que esixen mudanzas".
19/11/2007