Grandes referentes no eido da intelixencia artificial achegaron, na terceira edición do workshop Sociedade Dixital e Xénero. Hackeando o Patriarcado, diversas propostas para crear unha fronte común ante os algoritmos machistas. O evento, celebrado de xeito presencial na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e tamén en modalidade virtual, enmárcase nas activades da Cátedra de Feminismos 4.0 impulsada pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra.
18/11/2021