Contribuír a que, a través de diferentes actividades de carácter lúdico, oito mozos e mozas con síndrome de Down adquiran habilidades básicas de cálculo matemático que poidan serlles de utilidade na súa vida diaria. Ese é o obxectivo central do proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) que, baixo a coordinación da profesora Marta Pérez, preto de 30 estudantes do grao en Educación Primaria desenvolven nestas semanas coa asociación Down Vigo.
12/11/2021