A lingua, a caligrafía, a comida, as artes marciais, o manga... son moitos os aspectos da cultura xaponesa que espertan o interese da cidadanía occidental. Boa mostra disto é que o obradoiro de Extensión Universitaria sobre o país nipón que se estreou este cuadrimestre cubriu case todas as prazas. As clases comezaron a comezos deste mes, pero debido á crise do coronavirus a súa programación viuse alterada facendo que as cinco clases restantes se pospoñan ata novo aviso.
25/03/2020