Ponte... nas Ondas!, explica Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, “figurará na historia como un dos grandes movementos de renovación pedagóxica que houbo”.
O sexto número de Redas. Revista de Derecho, Agua y Sostenibilidad, xa está dispoñible na rede para a súa consulta. A publicación afonda nesta ocasión nas convencións globais sobre a auga e na anulación de plans urbanísticos na comunidade autónoma galega.
Este curso académico, o espazo expositivo do campus de Ourense, a Sala Alterarte, arrancou unha nova etapa na que Xosé Manuel Buxán deu paso na súa coordinación á comisaria Sara Donoso.
O Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo deulle esta semana a benvida a un novo grupo de estudantes internacionais de español, 16 novos alumnos e alumnas que se unen aos 44 que xa chegaran o pasado mes de outubro.
O Campus Auga xa está listo para presentarse á súa acreditación como campus de especialización por parte da Xunta de Galicia. Co visto bo do seu comité de dirección, o proxecto do campus de Ourense rematou este martes a tramitación interna da documentación que presentará para acadar este selo de especialización.
120 representantes de 50 universidades de todo o Estado participan nunha xornada técnica da RUEPEP, a Red Universitaria de Estudios de Postgrado y Educación Permanente, para analizar o impacto que terá o real decreto 822/2021 nos títulos propios e na formación permamente.
A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, anunciou este martes nunha visita ao Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, Cinbio, que os nacionalistas traballan nunha proposición de lei para a creación de 'Innogal'.
A Universidade de Vigo captou no 2021 1,5 millóns de euros para levar a cabo 10 ‘proxectos proba-concepto’, traballos dirixidos a impulsar cara o mercado os resultados da investigación e facilitar a súa transferencia á sociedade. Acaban de arrancar por diante quedan dous anos de traballo.
Diferencias de xénero tanto no tipo de videoxogos como no tempo que lle dedican a xogar con eles e escasa supervisión familiar. Estes son algúns dos resultados detectados nun estudo sobre a evolución do uso dos videoxogos realizado por persoal docente e investigador das facultades de Educación e Traballo Social e Historia do campus de Ourense.
Un informe médico ou unha comunicación oficial dos servizos sanitarios do resultado dunha proba diagnóstica de infección activa son as probas documentais que o alumnado da UVigo infectado por covid deberá presentar para xustificar que non pode realizar un exame na data fixada.
Os equipos de tenis da Universidade de Vigo comezaron esta fin de semana a súa participación nos campionato galegos por equipos absolutos, e fixérono, segundo Jorge Comesaña, o seu adestrador, dun xeito “inmellorable”.
Entre o 1 de setembro e o 31 de decembro do 2020 a pandemia aumentou un 44% a carga de traballo das persoas tituladas da Universidade de Vigo. Así se determina no estudo sobre o impacto laboral da segunda onda da pandemia realizado polo Observatorio de Persoas Tituladas.
O impacto da fibromialxia na saúde das persoas que a padecen redúcese significativamente tras a aplicación dunha intervención de 14 baños con auga mineromedicinal e dita mellora mantense de forma significativa ata oito meses.
A Área de Normalización Lingüística da UVigo dedica este ano o seu tradicional calendario a pór en valor o labor dos diferentes servizos e unidades administrativas da Universidade de Vigo a prol do fomento do galego.
Tras as festas de Nadal e co regreso á actividade lectiva e laboral, é tamén o momento de retomar a actividade física e deportiva. Un xeito práctico e sinxelo de facelo é a través do Abono mUVer.