A campaña electoral das eleccións á reitoría da Universidade de Vigo enfila a súa recta final. O único candidato a reitor, Manuel Reigosa, pechou este venres os actos correspondentes ao campus de Ourense coa varias xuntanzas na Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Facultade de Ciencias.
Como unha iniciativa pioneira no conxunto do sistema universitario español presentouse este xoves o catálogo de servizos do Campus Crea, un espazo web que aglutina información tanto das instalacións e servizos do campus, como da súa oferta formativa e do labor investigador que nel se desenvolve.
Sarreaus, Folgoso do Courel, Peroxa, Taboadela, Gomesende, Rodeiro… Estes son só algúns dos lugares nos que poderán desenvolver as súas prácticas as 12 alumnas e alumnos que a Universidade de Vigo seleccione para participar no programa Campus Rural.
Os actos da campaña electoral á reitoría da Universidade de Vigo retornaron este xoves ao campus de Pontevedra, onde o actual reitor e único candidato, Manuel Reigosa, abordou, entre outras cuestións, o proxecto de creación dun novo edificio nos terreos que antigamente ocupaba Tafisa.
Promover que tanto as e os integrantes da comunidade universitaria como os emprendedores e emprendedoras apliquen os seus coñecementos no desenvolvemento de “servizos e produtos que sexan viables economicamente e, á vez, socialmente útiles”. Ese é o propósito do concurso Crea Economía social 2022.
A Facultade de Educación e Traballo Social organizou unha xornada do proxecto Erasmus+ My e-story na que participou un grupo de 40 persoas, profesorado e escolares procedentes de centros educativos de Turquía, Portugal e Letonia.
30 alumnas e alumnos da Facultade de Dereito do campus de Ourense que cursan as materias de Dereito Penal de Menores e Criminoloxía e Dereito Penitenciario, acompañados polo seu profesor Manuel Arias Carral, visitaron o Centro de Menores de Montealegre e o Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar.
Abanca, Bimba y Lola, Cuatrecasas, Garrigues, Grupo Nueva Pescanova, Deloitte, Eulen, Anfaco-Cecopesca… máis de 40 empresas e institucións participan esta semana no campus de Vigo na I edición da Feira Internacional EmpregoInCampus.
Universidade e Concello crearán no campus de Ourense un Espazo Maker para fomentar a innovación tecnolóxica e creativa. A iniciativa é froito dun convenio de colaboración.
A competición interuniversitaria Talent Match, organizada polo Grupo Hotusa para potenciar o vínculo entre universidade e empresa, reuniu esta fin de semana en Madrid a 11 centros universitarios españois e a arredor de 150 estudantes. Entre eles estivo unha representación da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense.
No mundo virtual, os conceptos do real e do verdadeiro “son complexos de discernir e desde a arte podemos sinalalos e criticalos”, salienta o artista e alumno de doutoramento da Facultade de Belas Artes Daniel Cerecedo, que presenta nestas semanas na galería La Doce de Boiro Chatroom.
Despois de que a pandemia obrigase a dous anos de parón, o campus recupera unha actividade que fai da música unha ferramenta para a inclusión, un taller de educación musical dirixido a usuarios e usuarias da etapa educativa de Down Pontevedra Xuntos.
O candidato a reitor de H2040 Manuel Reigosa comprometeuse este luns, coincidindo co arranque da segunda semana de campaña electoral, a loitar pola creación do que denominou un “minicampus na ETEA”, no que se situarían o CIM, Ciencias do Mar e dous mestrados de Bioloxía.
Este venres a Xunta de Facultade de Ciencias elixiu como novo decano do centro a Francisco Javier Rodríguez Rajo, catedrático da Área de Botánica e director do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo.
A UVigo lanza este curso a I Feira internacional EmpregoinCampus con presenza nos tres campus. O obxectivo é pór en contacto aos titulados e tituladas e aos estudantes dos últimos cursos con empresas colaboradoras que están buscando talento nas aulas universitarias.