“Moitos dos meus traballos teñen que ver coa forma en que se trata ás mulleres nos ámbitos sociais e culturais e a figura da bruxa, con todos os seus significados, é perfecta para construír reflexións artísticas sobre estas cuestións”, sinala a alumna de doutoramento da Facultade de Belas Artes, Rebeca Lar, que nestes días traslada os resultados da súa indagación artística sobre esta figura á sala Apo´strophe de Vigo.
25/09/2019