A Intelixencia Artificial (IA) debe ser tamén feminista. Baixo esta premisa, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, organizou este xoves unha nova xornada no marco do ciclo Conectando en Igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico.
Dende 2018, o campus de Pontevedra conta cunha Aula Permanente de Música Tradicional Galega, na que tanto integrantes da comunidade universitaria como persoas alleas á institución académica inícianse ou perfeccionan o seu manexo de diferentes instrumentos.
Como unha exposición que “pretende xerar unha reflexión acerca da identidade, a desigualdade, a violencia e a convivencia” define a catedrática da Facultade de Belas Artes Yolanda Herranz Compartir es vivir, unha mostra que reivindica o papel das artistas a través dunha serie de obras “concibidas desde unha consciencia crítica e un posicionamento feminista”.
A idea dun “ser humano que se enfronta á transcendencia ou ao absoluto, desde a máis radical soidade” constitúe o nexo de unión dos catro ensaios que o profesor da Facultade de Belas Artes Alberto Ruiz de Samaniego reúne no seu novo libro Hombres y Dios. Escenas de noche y misterio.
Por segundo ano consecutivo, a Vicerreitoría do campus sumarase á Alborada para Rosalía, unha iniciativa promovida pola Fundación Rosalía de Castro e a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, na que se convida a músicos e músicas a interpretar unha peza musical na honra da poetisa no día no que se conmemora o aniversario do seu nacemento.
Baixo o suxerinte título As múltiples cores da vida, este xoves presentouse no edificio Redeiras o segundo libro da colección Feminismos da editorial Galaxia, editado en colaboración coa Universidade de Vigo. Trátase dunha obra na que se amosa a dura realidade que ten que enfrontar o colectivo LGBTIQ.
Antía Cal, unha mestra innovadora. Este é o título da exposición que se inaugura mañá venres no edificio Redeiras e coa que a Universidade de Vigo quere render homenaxe a quen foi precursora da escola do século XXI, a pedagoga e profesora Antía Cal.
A natureza e a agricultura son as principais protagonistas da oferta de obradoiros de extensión universitaria para este segundo cuadrimestre. Seis das dez propostas de formación complementaria que acaban de abrir a matrícula esta semana abordan temáticas e contidos relacionados co cultivo doméstico ou a produción orgánica de alimentos.
“A arte contemporánea abrangue unha pluralidade de ámbitos e temáticas e constitúe un contexto óptimo para exercitar a mirada crítica sobre a nosa sociedade”. Esta idea constitúe o punto de partida do libro A arte contemporánea e o traballo por proxectos. Propostas dende a docencia, da profesora Silvia García.
Debater sobre os imaxinarios e estereotipos asociados á poboación migrante e conversar con alumnado e profesorado “sobre a responsabilidade que temos á hora de comunicar a experiencia” desta poboación. Estes son, como sinalan desde a Agareso, os obxectivos do programa radiofónico gravado este martes na Facultade de Comunicación.
Dirixida a que tanto a comunidade universitaria como calquera persoa interesada poida iniciarse nas diferentes fases do proceso de creación dunha obra, a Aula de Teatro do Campus de Pontevedra traballa na montaxe que presentarán na Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu).
O incerto señor Don Hamlet de Cunqueiro e elementos procedentes tanto da obra orixinal de Shakespeare como do relato A Cartomante, do brasileiro Machado de Assis, combínanse coas dinámicas dun videoxogo nunha proposta de teatro interactivo que ten como directores artísticos a integrantes do grupo ComTecArt.
A noción de gráfica contemporánea expándese hoxe moito máis aló da posibilidade de xerar unha obra con varias copias, englobando un conxunto de procesos e posibilidades respecto das que 13 artistas propoñen unha reflexión, en forma precisamente de obra gráfica, na última publicación do grupo de investigación dx5 da Facultade de Belas Artes
Integrantes da ONG Project Net, que coordina en diferentes cidades de Letonia un proxecto de universidade sénior, participaron este xoves na Facultade de Comunicación nunha sesión formativa sobre creación de podcasts, inserida nas actividades dun proxecto Erasmus+ co que buscan pór en marcha unha "radio sénior".
18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.