A terceira edición da Feira Internacional de Emprego, Finde.U, botou a andar esta mañá no Ifevi con 70 expositores, entre empresas e universidades, co obxectivo de consolidarse como o maior referente en Galicia en canto a eventos de intermediación laboral universitaria. A media mañá había 650 inscritos, entre estudantes e persoas egresadas, cifra que se irá incrementando entre hoxe martes e mañá, xa que a matrícula permanecerá aberta mentres dure o evento.
23/10/2018