Estes xoves o alumnado de último curso dos graos en Enxeñaría Informática, da Escola Superior de Enxeñaría Informática, e de Xeografía e Historia, da Facultade de Historia, celebraron os seus actos de graduación no campus de Ourense. 57 enxeñeiras e enxeñeiros informáticos e 20 historiadoras e historiadores celebraron o remate da súa formación superior acompañados por membros da comunidade universitaria, familiares e amizades. Para todos eles e elas, as autoridades académicas presentes tiveron palabras de recoñecemento polo esforzo realizado e de bos desexos para o seu futuro profesional.
08/06/2018