O Consello de Campus de Ourense celebrou este xoves de xeito semipresencial a súa última sesión ordinaria do ano. Nela, Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, esbozou as expectativas para un 2021 que a institución académica afronta, indicou, dun xeito “razoablemente optimista”. Entre as liñas de traballo abertas de cara á implantación de novas titulacións no campus de Ourense, o responsable académico salientou os pasos dados para acadar, entre outras, dúas iniciativas transfronteirizas como son o Máster Universitario en Desafíos das Cidades Atlánticas e o Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e Envellecemento.
10/12/2020