60 rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO participaron este venres na segunda edición da Olimpíada da Química, unha iniciativa posta en marcha pola facultade da Universidade de Vigo co obxectivo de espertar vocacións e amosarlle ao alumnado que está a rematar a educación secundaria obrigatoria que a ciencia e, en particular, a Química “pode ser moi divertida”.
16/06/2023