O Plan de Integración das Escolas de Enfermaría do sur de Galicia está xa en marcha. Tras ano e medio de intenso traballo de colaboración entre ambas institucións, a Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra anunciaron este luns que a futura Facultade de Enfermaría do sur de Galicia será unha realidade no curso 2014/2015. Segundo adiantaron o reitor vigués, Salustiano Mato, e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, ao remate dunha xuntanza de traballo que tivo lugar na reitoría, o borrador do documento de integración conta xa co beneplácito das consellarías de Sanidade e Educación, e isto permite que se constituíran varios grupos de traballo nos que están representados tanto a Universidade, como as consellerías e a deputación traballando nun documento definitivo. A nova facultade contará con tres sedes: Ourense, Pontevedra e Vigo (Meixoeiro) .
25/02/2013