“Non só se trata de asistencia.Trátase de empoderar, de protexer, de acompañar, de seguir construíndo humanidade, mesmo nas ruínas”. Con esta frase rematou a súa intervención no acto de entrega dos premios Consello Social UVigo_Humana 2024 Lorena Gamito, directora en España de Acción Humanitaria, Emerxencias e Desenvolvemento da Axencia de Nacións Unidas para a poboación refuxiada de Palestina en Oriente Próximo.
29/04/2025