Cunha homenaxe “sinxela, emotiva e preciosa”, así, en verbas do vicerreitor de Extensión Universitaria, Xosé Henrique Costas, lle rendeu homenaxe a Universidade á figura do poeta Lois Pereiro, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. A lembranza da súa figura, a lectura dos seus versos e un pequeno concerto no que soaron “as cancións que el escoitaba” deron forma a un acto no que se lembrou ao “poeta urbano, complexo e intenso”, “un punky na corte do rei Arturo”, como apuntou o profesor Manuel Forcadela, poeta coma Pereiro e compañeiro de xeración.
12/05/2011