“Os Estados membros velarán por que as vítimas que non entendan ou non falen a lingua do proceso penal de que se trate se lles facilite, se así o solicitan e de acordo co seu estatuto no sistema de xustiza penal pertinente, interpretación gratuíta, cando menos durante as entrevistas, as tomas de declaración nos procesos penais …”. Así comeza o primeiro dos puntos que conforman o artigo 7, Dereito á tradución e interpretación, da Directiva 2012/29/EU sobre dereitos mínimos das vítimas na UE, adoptada en outubro de 2012 e que os Estados membros deberán traducir en lexislación nacional operativa antes do 16 de novembro de 2015. Segundo datos da Comisión Europea, ao ano, hai 75 millóns de persoas vítimas de delitos, persoas ás que con esta directiva se pretende dotar dun dereito a unha mellor protección, información e apoio.
25/09/2014