Sensacións, suores, risas, experiencias, amizades, sentimentos… toda esta bagaxe é a que se acumula percorrendo quilómetro a quilómetro o Camiño de Santiago. Ademais de quedar fixado todo na memoria e na retina, no caso de Luísa Lorenzo quedou tamén fixada a modo de fotografías que agora dar corpo á exposición Ao final do camiño. A mostra pode visitarse no Edificio Politécnico ao abeiro do Outono Fotográfico ata o vindeiro 25 de novembro e está composta por 22 imaxes que relatan o percorrido polo camiño na pel de diferentes peregrinos. Luísa Lorenzo é autodidacta como fotógrafa aínda que cursou estudos de deseño, centrados sobre todo na ourivaría, eido que ela desenvolve a súa traxectoria profesional.
17/11/2010