Poder ter de preto a creadores da literatura galega, escoitar as súas verbas e mesmo intercambiar opinión con eles non é algo que sempre estea ao alcance da man. Sabedores desta realidade desde a Facultade de Filoloxía e Tradución puxeron en marcha e, xa van sete edicións, o Ciclo de Escritores en Lingua Galega, unha actividade xa consolidada que se converteu en referencia obrigada para todas aquelas persoas interesadas na lingua e cultura galega, tanto da Universidade de Vigo como de fóra dela. Dous pesos pesados do panorama literario actual, Quico Cadaval e Carlos Callón, dous “ polemistas” consagrados, puxeron este xoves o broche de ouro a derradeira sesión desta sétima edición.
Nados os dous en Ribeira, na “terra das dornas” como salientou o profesor e escritor Anxo Angueira na súa presentación , Quico Cadaval e Carlos Callón compartiron cos asistentes o por que (n) e e para que (n) da súa escritura.
18/10/2012