Bree Van de Camp, Dexter, as lolitas góticas, John Balam, Fortuny.... todos eles personaxes, de ficción ou reais, de sobra coñecidos por ser “criaturas especiais que nos dan unha lección de coherencia, de como é posible vivir a vida ao marxe das convencións e sen complexos”. Así os define Susana Cendón, profesora da Facultade de Belas Artes e directora do curso Criaturas especiais. A construción creativa de identidades, arquitecturas e mitos, onde os alumnos afondarán nas características e nos segredos que se esconden detrás de eses personaxes que logran manterse vivos xeración tras xeración.
15/09/2008