Houbo domingo oleiro e domingo fareleiro, houbo xoves de comadres e xoves de compadres e como non podía ser menos os nenos e nenas da Escola Infantil do campus de Ourense remataron a súa celebración do Entroido cunha festa de disfraces. Como verdadeiros piratas, os máis pequenos pasaron unha mañá diferente na que navegando navegando se atoparon con polbos, quenllas e ata un tesouro!. Foi o broche de ouro a todo un mes no que a celebración do Entroido foi a temática cultural sobre a que traballaron na aula, facendo disfraces, aprendendo cancións, coñecendo tradicións, xogando e ata poñéndose no papel de verdadeiros oleiros.
28/02/2014