O Centro de Investigación, Transferencia e Innovación, CITI, da Universidade de Vigo e o Centro Tecnolóxico da Carne, CTC, inauguraon este mércores, como resultado da súa colaboración, as novas instalacións que ambos compartirán e nas que se situará o CACTI, Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación. A presentación deste espazo marca un fito nun proceso que se iniciou no ano 2005 coa sinatura dun convenio entre a Consellería de Innovación e Industria, a Consellería do Medio Rural e a Universidade de Vigo que derivou na reestruturación de 800 metros cadrados do CTC. As novas instalacións acolleran “por unha banda ao Laboratorio Central de Investigación, CACTI da Universidade de Vigo e, pola outra, á oficina de proxectos, á Plataforma Tecnolóxica Agroalimentaria, PTGAL, á área de informática e á oficina comercial do CTC”, explicou Xan Xosé Rodríguez Díz, director-xerente do CTC.
11/02/2009