“Contar ata dez en alemán nos brazos de meu avó”, “a vergoña daquela reacción desproporcionada”, “pasar a tarde con 25 pesetas”, “a impotencia de non poder facer máis”, “o día que nos despedimos na gasolineira despois de discutir” e un largo etcétera de recordos enchen xa as paredes da Sala Alterarte. Forman parte da intervención Alivio, da creadora Andrea Costas e a comisaria Chus Martínez, que convidan aos visitantes a escribir sobre os muros da sala para honrar ou deixar ir algunha lembranza ancorada na súa vida. Para aqueles que aínda non o fixeron, a mostra está aberta ata o 15 de xullo.
16/06/2011