A Facultade de Dereito celebrou este venres 22 de xaneiro a festividade de San Raimundo de Peñafort coa graduación da XV promoción de licenciados. En total foron 32 os novos e novas xuristas que recibiron o recoñecemento da comunidade universitaria nun acto presidido polo reitor, Alberto Gago, que subliñou o esforzo dos estudantes para rematar a carreira con éxito. Pola súa banda o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, tivo tamén palabras de agarimo para os licenciados aos que lles recomendou exercer a profesión "con humildade e valentía".
23/01/2010