Cando se vacina a un animal contra unha enfermidade estáselle inoculando, dun xeito atenuado, o propio virus, para que o seu sistema inmune “o memorice” e a próxima vez que se teña que enfrontar a el “en serio” poida defenderse axeitadamente. Non entanto, os programas de vacinación non están totalmente exentos de riscos para a saúde dos animais, o seu éxito non está garantido e teñen uns custes económicos significativos. Buscando melloras neste eido, David Olivieri, investigador do Grupo MILE da Universidade de Vigo, vén de realizar un estudo no que, conxugando informática e inmunoloxía, quere axudar a avanzar no eido das vacinas a medida para a gandería.
15/01/2014