A Intercultural volve con outra das sesións dobres de curtametraxes nas que, ao longo dos meses de abril e maio, se está a proxectar no campus o mellor do audiovisual galego. Nesta ocasión a cita será o mércores 21 de maio ás 19.00 horas na aula multiusos do Edificio de Ferro e ás 22.00 horas na Biblioteca Central. Esta segunda sesión contará coa presenza de Pablo Millán, director de A meiga chuchona, un dos traballos proxectados. O resto dos filmes que completan o cartel son Man, Cores, Bechos raros, No tardes e Os quitadores de ferro no primeiro pase, e A morte tiña un prezo, 200 euros, Cousas de Kulechov e Sen Escrúpulos, no segundo.
20/05/2008