No presente ano, a Comisión Europea afronta a segunda reforma da Política Pesqueira Común, PPC, cunhas liñas mestras centradas na redución dos niveis de explotación e da flota pesqueira, ademais de introducir unha primeira idea de gobernanza no contexto marítimo. Co obxectivo de que o sector pesqueiro galego sexa quen de entender a importancia de crear espazos de entendemento entre os distintos axentes implicados, a Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo, co apoio do Concello de Cambados, organizan a xornada A Gobernanza do Mar, que se celebra o 25 de maio no salón de congresos José Peña.
22/05/2012