Solucionar con técnicas matemáticas os problemas e retos do sector empresarial é o obxectivo común que perseguen as compañías, os investigadores e o alumnado que participa no Obradoiro de Problemas Industriais nacido hai catro anos por iniciativa dos grupos de Matemática Aplicada das tres universidades galegas ao abeiro do Máster Interuniversitario de Enxeñaría Matemática. Esta actividade pioneira en España, reproducida agora noutras universidades como a Complutense, Sevilla ou Carlos III, pero que goza de bastante tradición no estranxeiro, ofrece, segundo José Durany, coordinador do mestrado na Universidade de Vigo, “ás pequenas e medianas empresas que non poden dedicarse, en moitos casos por falta de persoal ou cartos á I+D+i, unha posibilidade barata de facer innovación”.
10/10/2012