A Sala da Audiencia Provincial, os distintos xulgados e unha atractiva Sala de Recoñecemento foron algunhas dependencias que deixaron de resultar descoñecidas para un grupo de estudantes de primeiro de Dereito. Guiados polo vicedecano, Iago Fariñas, preto de trinta alumnos asistiron a unha tarde de visita polas principais instalacións xudiciais de Ourense: o Palacio de Xustiza e o Colexio de Avogados, onde contaron coas intervencións e consellos do xuíz decano, Antonio Piña; o secretario do xulgado social nº3, J.Luis Roig e o director da Escola de Práctica Xurídica, Alejandro Garrido.
10/10/2007