Tras tres cuartos do partido dominando ao Obradoiro de Santiago, o equipo masculino do campus rematou perdendo 86-76 ante un conxunto “moi superior, é o segundo clasificado” explicou Roberto, adestrador en funcións en ausencia de Nino Santos. De todos os xeitos, a lectura do encontro é positiva, “xogamos con bastante acerto e un bo ritmo. Ao final do partido os rivais levaron o encontro cara onde eran superiores, ao terreo físico e remataron gañando” explicou. En canto ao equipo das rapazas, gañaron nun igualado partido, por 53-54 ante o Colexio Peleteiro. O encontro, marcado pola falta de xogadoras no cadro universitario, saldouse cunha victoria que supón a clasificación directa ás semifinais do campionato ao quedar primeiras de grupo.
07/04/2008