Tras nove anos fomentando a práctica de actividades acuáticas, Augaventura, volve ofrecer este curso á comunidade universitaria e aos seus acompañantes, a posibilidade de practicar deportes relacionadas co medio acuático. Rafting, vela, surf e mergullo, nas modalidades Open Water Diver (ata 25 metros) e Advanced Open Water (ata 40 metros), son as actividades que se desenvolverán entre os meses de abril e maio e que responden, segundo a vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes, Mª del Carmen Cabeza, “a unha vocación da Universidade de saír fóra do campus buscando os espazos naturais, mar e ríos, dos que está moi ben dotado o país”.
18/03/2009