Galicia recibía no 2005 máis de 200 millóns de euros procedentes do Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), esta cifra viuse reducida no 2013 a 61 millóns e a previsión, segundo o proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o vindeiro ano non chega aos 50 millóns, unha cantidade que desde o Foro Económico de Galicia, no que se integran economistas das tres universidades galegas, consideran “ridícula”, xa que “a este ritmo e se as cousas non cambian, a capacidade investidora da Xunta de Galicia nesta década con respecto a pasada pode reducirse nun 75%”, subliña o director do foro, o catedrático vigués Santiago Lago, ao tempo que insiste en que desde o Foro chaman a necesidade de que “Galicia se mova, no sentido de que o Parlamento se implique e pacte unha posición común, para que así poida abrirse o melón da reforma deste fondo”, algo que son conscientes de que “politicamente non é doado, pero que hai que facer”.
30/09/2013