Na Facultade de Belas Artes, o número de alumnas supera con moito ao de alumnos. “Estamos a falar dun 70% fronte a un 30%", sinala a profesora Almudena Fernández, comisaria do Proxecto de Visibilización Artistas, co que a Unidade de Igualdade da Universidade busca difundir o talento das creadoras que se forxan nas aulas. Non en van, no mundo profesional “esas cifras dan a volta” e a porcentaxe de mulleres presentes en exposicións ou galerías sitúase no 30%, segundo Fernández. Co ánimo de loitar contra esta situación naceu este proxecto de visibilización, que na súa cuarta edición seleccionará o traballo de 32 estudantes para presentalo como postais.
26/05/2014