O Real Club Celta de Vigo converteuse hoxe na primeira entidade deportiva en sumarse ao Campus do Mar coa sinatura dun convenio de colaboración. O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, reuniuse co vicepresidente do Real Club Celta, Pedro Posada, co fin de establecer as liñas de colaboración entre ambas entidades, entre as que se inclúen numerosas accións de promoción do Campus do Mar por parte do equipo vigués, así como outras cuestións académicos.
Segundo manifestou o reitor durante a xuntanza, “é un orgullo contar co apoio do Celta, xa que non se trata soamente dun equipo senón que é un sentimento moi arraigado á cidade, a través do cal podemos roubar os corazóns da sociedade viguesa, animándoa para que coñeza e apoie este gran proxecto para Vigo que é o Campus do Mar”.
06/10/2010