“A función representativa dun parlamento é a súa esencia, o seu ethos, algo que vén dado pola súa propia natureza”. Con estas palabras, a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, clausurou o ciclo de conferencias 2011-2012 da Cátedra Almirante Álvarez Ossorio, impulsada pola Universidade de Vigo e a Escola Naval Militar de Marín. Presentada polo director da cátedra, Rafael Ceñal Martínez e acompañada polo director da escola, Marcial Gamboa e pola vicerreitora do campus, Antonia Blanco, a presidenta da cámara galega afondou no carácter democrático do parlamento, “foro público e lexitimado” ao servizo da cidadanía.
28/05/2012