Manter o compromiso social do xornalismo é a vocación de Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Galegos), que, coa intención de explicar os seus obxectivos concretos e amosar os seus proxectos, protagonizou hoxe unha conferencia na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, baixo o título A comunicación para o desenvolvemento. Juan de Sola, Roi Palmás, Montse Fernández, Estrella López e Pelu Vidal foron os relatores, que lle trasmitiron ao alumnado a importancia de facer unha información responsable, respectuosa coas persoas e de calidade, alternativa á dos medios convencionais. Con ese ánimo abriron as súas portas á sinatura dun convenio de prácticas coa facultade e a calquera outra colaboración mesmo a título persoal.
18/03/2010