"Un proxecto pioneiro en Galicia no que se escolman os traballos máis creativos de 70 empresas de publicidade, deseño e comunicación de Galicia”. Así define o anuario Creatividade Galega un dos seus autores, Chechu Pérez. Xunto con el, Alberto Dafonte e Eva Quintas, son os artífices desta iniciativa que vén de publicar a súa segunda edición. Estes tres docentes e investigadores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación presentaron, xunto con Ignacio Louzao, director xerente de Galicia Calidade, a nova publicación, que presenta importantes cambios con respecto á edición anterior. En total son 600 traballos clasificados por soportes, “o que comprende identidade corporativa, aplicacións gráficas, deseño editorial, deseño web, audiovisual, embalaxes e un pequeno caixón desastres para campañas multimedia e outros soportes como os de fidelización ou de márketing relacional”, salientan os autores.
15/02/2008