Un cuadrimestre para disfrutar, aprender e coñecer unha nova cultura. Así se presentan os próximos meses para os máis de 30 estudantes estranxeiros que este cuadrimestre se incorporan á Universidade de Vigo no campus de Pontevedra. A benvida oficial déronllela este mércores o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, e o vicerreitor do campus, Jesús Hernández. Este último animounos a participar no amplo abano de actividades, tanto deportivas como culturais, que organiza a vicerreitoría e desexoulles unha “feliz estadía”. Area, que lles trasladou tamén a benvida do reitor, fixo unha breve exposición “da rica cultura galega” e dalgunhas das súas señas de identidade, como os castros, petroglifos, praias, ríos, tradicións ou música.
18/02/2009