Poder traballar do que estudaches estase a converter nun privilexio, accesible para uns poucos. Agora ben, os futuros titulados da Facultade de Fisioterapia poden ser unha excepción segundo os últimos datos sobre inserción laboral proporcionados pola Axencia da Calidade do Sistema Universitario de Galicia, ACSUG, ao centro pontevedrés, nos que se reflexa que case un 90% dos seus egresados están traballando en relación co título acadado, salientando ademais que un 96,4% volverían cursar os mesmos estudos e na mesma Universidade. A única traba, o salario, por debaixo da media das titulacións de Ciencias da Saúde.
25/05/2011