Cando chega a época de outono, a recollida da castaña convértese nunha actividade habitual nos múltiples soutos dos montes galegos. Agora ben, neste proceso de recolección, que ocorre cos ourizos de castaña? Debido á falta de utilidades deste residuo, Raquel Dopazo, Luis Ortiz e Daniel Vega, investigadores da Escola de Enxeñería Forestal, afondaron na procura de algún uso posterior, centrándose no seu posible valor enerxético. Como explica Luis Ortiz, “trátase dun material que unha vez tratado e queimado deixa bastante brasa polo que o seu emprego enerxético é bastante viable”.
01/04/2011