Ser únicos, como o número do DNI, é o que pode axudar á canteira de novos deseñadores galegos a facerse un oco no mercado da moda. Esta postura é a que defenden Nunu Solsona e Eva Soto, profesionais do deseño convidadas aos obradoiros organizados por Esdemga, Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galiza, ao abeiro do programa de actividades de Debut 2011. Mentres que a primeira modista afonda na creación de calzado artesanal, a segunda amosa as aplicacións na moda do origami, unha técnica xaponesa “para que o alumnado atope a súa identidade propia, o valor engadido que lle permita loitar neste mundo”.
21/11/2011