José Paz, profesor de Didáctica na Facultade de Ciencias da Educación, posúe a que está considerada como a mellor biblioteca do mundo sobre Rabindranath Tagore posto que nela agocha máis de 30.000 volumes en todos os idiomas. Nilanjan Banerjee, responsable do museo, a biblioteca e o arquivo da Universidade Visva Bharati, en Santiniketan, visitou estes días Ourense para ver a colección do profesor Paz e proporlle o seu traslado á institución educativa india. "Temos un enorme interese en que a biblioteca estea no noso centro porque Tagore é un autor moi importante para o noso país, especialmente para Bengala", declarou.
01/07/2010