Familias monomarentais e monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou doutras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos, unidades familiares nas que existan cargas relacionadas cos coidados e familias que pertenzan á comunidade universitaria, son os colectivos que terán preferencia á hora de inscribirse para participar nas actividades que a UVigo programou ao abeiro do Plan Corresponsables.
04/11/2022