No seo da comunidade universitaria poden xurdir conflitos ou malentendidos que, de non xestionarse correctamente, poden afectar á convivencia e ao benestar das persoas implicadas. Esta idea é a que motivou a posta en funcionamento, a finais de 2019, da Unidade de Convivencia e Xestión Positiva de Conflitos, que ten como obxectivo contribuír a que as diferentes problemáticas e controversias poidan resolverse dunha forma positiva.
07/02/2022