Co respaldo de preto do 90% do profesorado, persoal de administración e servizos e alumnado presente este mércores na Xunta de Facultade, o profesor do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade Xosé Baamonde foi reelixido decano de Ciencias Sociais e da Comunicación.
O proxecto de ampliación do carril bici no campus da Xunqueira permitirá completar o seu percorrido polo interior do campus, así como a súa conexión coa Illa do Covo.
Unha serie de recomendacións dirixidas a orientar ás mariscadoras na adquisición de rutinas saudables para o desenvolvemento da súa actividade reúnense na Guía de coidados da saúde para o benestar das mariscadoras, realizada co asesoramento de dúas docentes da EU de Enfermaría.
Os días 22 e 23 de setembro a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra acollerá a celebración por primeira vez en Galicia dunha WordCamp. A organización estima que arredor de 200 persoas participarán nunha cita centrada en WordPress, sistema de código aberto empregado para a xestión de arredor do 30% das páxinas web de todo o mundo.
O vicerreitor do campus, Jorge Soto, e o concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez, mantiveron este xoves unha reunión dirixida a abordar unha serie de proxectos que se proxectan levar a cabo no marco da colaboración entre Universidade e Concello
Preto de 1200 metros cadrados distribuídos en catro plantas é o espazo do que a Universidade de Vigo disporá, unha vez rematen as obras de reforma que actualmente está a acometer a Xunta de Galicia, no antigo edificio administrativo da administración autonómica en Benito Corbal.
O novo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, acompañado polo vicerreitor de campus, Jorge Soto, mantivo este luns á súa primeira reunión institucional co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Con dez votos favorables e dúas abstencións, a profesora Eva María Lantarón foi elixida nova decana de Fisioterapia nunha votación á que concorreu como única candidata á fronte dun equipo que completan as profesoras Mercedes Soto e Rocío Abalo.
31 estudantes participan nestas semanas no curso de Extensión Universitaria Ensinar ciencias con robótica, programación e produción de contidos multimedia para encerado dixital, no que desenvolven maquetas de espazos da contorna nas que integran robots e xoguetes interactivos.
O novo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, mantivo a súa primeira reunión institucional coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na que ambos reafirmaron a súa vontade de continuar na liña de colaboración e traballo conxunto fixada no protocolo de colaboración asinado en decembro de 2015.
A decana da Facultade de Belas Artes, Silvia García, e o vicedecano Marcos Dopico participan nas xornadas de luns e martes en Bilbao na Conferencia de Decanas e Decanos que agrupa ás 14 facultades de BBAA de universidades públicas que existen en España e que decidiron constituírse como asociación.
As Investigadoras do grupo Remoss, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Begoña Paz, Itziar Ezquieta e Cristina Varela realizaron xunto coa asociación socioeducativa e cultural Paspallás un proxecto de ambientación artístico-pegadóxica do Servizo de Rehabilitación Infantil do Hospital Teresa Herrera da Coruña.
O cinco veces gañador do Tour de Francia Miguel Indurain foi recibido na Casa das Campás polo vicerreitor do campus, Jorge Soto, que abordou nesta xuntanza co ex-ciclista a posibilidade de futuras colaboracións coa institución académica.
Pendente da súa proclamación definitiva o vindeiro mércores, tralo peche do prazo de reclamacións aberto hoxe venres, a profesora Eva María Lantarón encabeza a única candidatura ás votacións que terán lugar o vindeiro venres 22 para elixir á nova persoa responsable do Decanato de Fisioterapia
Alumna de CC da Educación e do Deporte, a deportista Judith Rodríguez sufriu o domingo un grave accidente, tralo que a Universidade quere trasladarlle as súas verbas de ánimo tanto á estudante como á súa familia.